Por decreto. Así pasou a ter este agosto 30 días e non 31, como viña sendo corrente. Por decreto da Xunta e difundido polos medios. Así aparece na nova da Consellería de Medio Ambiente en relación coa visita da Directora Xeral de Patrimonio Natural onte ás Catedrais : "Do mesmo xeito, cómpre destacar que durante os meses de xullo e agosto
completouse o cota de visitantes establecido en 38 ocasións, 9 en xullo e
29 en agosto, o que significa que, neste último mes, esgotouse o límite
todos os días, agás un."
É algo que me chamou a atención e levou a fiar un pouquiño máis fino.
4812, cota máxima de persoas... pero se eu e a miña familia, sen pase para un día, collo un taxi en Ribadeo e vou ás Catedrais, xurde o milagre, e xa teño pase. Un milagre semellante a considerar o límite máximo de visitantes no número de 4812.
Dixo a Directora Xeral que este verán (= xullo e agosto, non a estación enteira), pasaron pola praia 245000 persoas. Entre 62 días, da unha media de 3952 visitantes. A tope, e espérase que siga a medrar. E iso que aínda non calou a idea de calquera día un dos arcos vaise ó garete pola mera acción da natureza.
En canto ó perfil tipo dos visitantes, a maioría son "mulleres de nacionalidade española cunha idade comprendida entre os 46 e 65 anos", sen especificar de canto é esa maioría, ou mesmo se é absoluta ou relativa, e contrastando con que o 'case' 30% son "persoas de entre 19 e 29 anos". Ou sexa, que o 30% están nunha franxa de idade de 10 anos, mentres a 'maioría' son mulleres comprendidas noutra franxa de idade, ista de 20 anos...
Logo quererán que nos creamos todo o que din. Por certo, sigo saber ben o que significa unha frase que se cola no documento 'equilibrar a protección' das catedrais.
Deixo para o final o poñer as tres imaxes que acompañan á nota de prensa, 'moi ilustrativas' da situación das catedrais neste verán e da aplicación anunciada (a nota de prensa titúlase "Unha aplicación axilizará as autorizacións de acceso ao Monumento Natural das Catedrais, que este verán recibiu 245.000 visitantes")
Ningún comentario:
Publicar un comentario