Plataforma pro Residencia de Maiores
Ribadeo
Nota de prensa
O pasado xoves 5 de outubro os membros da Plataforma pro Residencia de Ribadeo comezaron as visitas a residencias próximas para estudar o seu funcionamento.
A visita á residencia de Santa María do Valadouro resultou reveladora de multitude de detalles a máis da organización xeral desta residencia. A directora do centro residencial recibiu a comitiva e guiounos polas instalacións, proporcionando todo tipo de explicacións ó longo da tarde, cunha adicación que agradecemos.
Xestionada pola Fundación San Rosendo, con preto de sesenta centros para maiores (a máis doutro tipo de centros), a autonomía ven marcada pola dirección do centro, aínda que tendo que seguir un plan de calidade.
A visita fixo un repaso ás instalacións, comezando polos dous comedores, para válidos e para asistidos, pero os visitantes tamén recibimos información sobre o persoal, de cantidade a xeitos de traballo ou turnos.
Co dobre de residentes que a que entrará en servizo en Ribadeo, ó longo da tarde deixounos ver aspectos xerais e detalles que se poderían incorporar á residencia ribadense unha vez entre en funcionamento.
Sen présa, pero sen pausa, a plataforma pretende conseguir, unha vez lograda a construción, seguir colaborando para que Ribadeo teña a residencia funcionando do mellor xeito posible, polo que proximamente continuará con outras visitas e actividades.
Ribadeo, outubro de 2017
Vista do sigpac centrada na residencia do Valadouro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario