Pode dicirse que eso foi o que fixen ó meu paso pola feira. Unha feira, primeira edición, da que non me cadraba o nome para unha actividade así: a I feira feminista.
De saída, o lugar da feira, alegórico na praza 8 de marzo, daba para a montaxe da carpa dun xeito xustiño, como se pode ver na imaxe, tomada o día da montaxe. A carpa, con postos de venda do mercado, facía que dúas organizacións compartiran un mesmo posto. Había atraccións musicais... e cando eu fun, moi pouca xente. Mágoa, pois había cousas interesantes, mesmo relacionadas só moi lateralmente co feminismo. Por suposto, o feminismo ou a sexualidade, enfocados dende diferentes aspectos, eran a base da feira, Mais non só. Aí está o 'Fouce', periódico de información técnica e sindical labrega, cunha portada que anuncia: 'VII conferencia da vía campesina: feminismo e soberanía alimentaria para mudar o mundo', e que no seu interior anuncia un apropiamento do común a grande escala que non trascendeu ós medios: os agricultores terán que pagar 12 euros por tonelada de semente que garden. Non me estendo en detalles pois aí segue a loita. Só quería remarcar que unhas páxinas máis adiante aparece outro titular 'Cónclave para deseherbar o machismo do medio rural'. E é só un exemplo. Alí estaba tamen o Comité lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, activo dende unha formación na igualdade. O observatorio Mariña pola igualdade, organizadoras da feira (e no muro onde se pode ver un amplo reportaxe gráfico sobre a feira)...
A feira sorprendeume. Primeiro, porque non concebía unha feira con este tema. Pero despois, ó ver cal era a resposta da xente. Claro que pode considerarse que foi semellante á resposta que se lle da ó feminismo: para iniciados, marxinal... é de supoñer que a primeira edición teña abonda máis detrás e que se vexa cambiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario