20171005

Está sucedendo. Estamos defendendo a solidaridade sanitaria

Non, non estou en Burela na manifestación. Mais defendo o que se está a defender alí. É unha parte pequena, pero importante -sempre son partes importantes as pequenas cousas- da sanidade común. Pública, si, como un xeito de común, sen facer separacións. Solidaria, si, duns cos outros, facendo sociedade. Pagada entre todos, si, co que sae máis rentable socialmente, como está demostrado ata a saciedade.
O detonante é á desaparición da área de atención sanitaria da Mariña. Un paso máis no desmantelamento e afastamento dun servizo común.

Ningún comentario: