Por citar dúas que pareceran ter pouca conexión, aí está o caso de que poñan droga en coches de ecoloxistas que denuncian apropiamentos do público no parque natural de Grazalema, como lle pasou a Juan Clavero a semana pasada, ou que cada ano se achegue ó 1% o número de mulleres que denuncian violencia machista (atención: que denuncian, non que sofren!). E, mira ti, en ambos casos denúnciase, porque alguén outro está agredindo. Guerras de agresión, comezadas hai moito. E non son as únicas das que tentan desviar a atención, oé, oé.
Por certo, quen dicía que o estado é quen ten o monopolio da violencia? Dígoo porque unha saída 'típica' para procurar unha victoria é levar as cousas a un terreo no que quen as leva se sabe ganador...
Sufraguistas en Nova Iorque en 1912, foto da Biblioteca do Congreso USA. Tamén sufriron violencia... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario