20171012

Sobre a Garda Civil na Mariña

Hoxe é o día do Pilar, festa da Garda Civil. Quizáis por iso un xornal trae hoxe unha entrevista a José López Ginzo, Capitán do conxunto de gardas mariñán.
O caso é que despois de ler a nova, aproveitando as cifras, deixo algún gráfico e consideración.
O primeiro, unha táboa de distribuciónda plantilla, que se ve reflectida nos gráficos seguintes de dous xeitos diferentes (en ambos, sen a agrupación de tráfico):

A distribución 1 cabo ao mando dun grupo de 10 gardas, neste caso, 9 gardas (ver parágrafo seguinte), coido que é típica dos corpos militares, herdanza máis ou menos dos encadres militares dende a época romana. De cabo para arriba no escalafón, as proporcións varían, ó ter a gradación máis carácter de delegación de funcións ou axuda que de encadre militar, e así, voltamos a atopar case a cifra de un mando por riba de cabo por cada 10 gardas e cabo, a pesar das diferencias de mando entre capitán e sarxento.
A outra cousa que quería comentar é que na entrevista fálase, dende a primavera ata o de agora, de unha falta de 15-17 gardas, Iso significa unha falta crónica dun 8%-9% de persoal, que sube até máis do 10% se se considera que a función dos cadros está cuberta, e se conta só como gardas máis cabo.
Sen meternos nas funcións ou necesidade da GC en competencia con outros corpos como pode ser a Policía Nacional, cuestión de organización dos corpos de seguridade do estado, o feito de que sexa o mesmo xefe comarcal o que relate que esas faltas sexan recheas con gardas alumnos en prácticas, ou sexa, con persoal en precario/formación non como complemento, senón como suplemento, indica que os recortes do estado dalgún xeito tamén foron aplicados neste caso.

Ningún comentario: