Zona do niño |
Mentres, onte pola tarde, o xabaril da N-642 seguía alí. Polo que parece, do 112 pásanlle o aviso ó concello. Tentarei enterarme.
Pequenas descoordinacións ou desidias que permiten que as pragas teñan máis facilidade en propagarse, ou que se produza unha putrefacción a pé da estrada, ou que o monte teña máis facilidade para queimarse, ou calquera outra cousa. Fallos polos que ás veces nos cabreamos e nos que ás veces, tamén participamos, pero que sempre son fallos que producen consecuencias. Con sorte, non demasiado malas. con mala sorte, catastróficas.
Onte mesmo unha nota de prensa do concello botábase de novo sobre da Xunta irresponsable. coido que ao menos, con boa aprte de razón, pero entendendo que o concello reclamante tamén, 'no mesmo sector' está a ter fallos semellantes. Pero iso, a ver se mañá...
Ningún comentario:
Publicar un comentario