20171115

1,4 € por cada ribadense

1,4 € por cada ribadense para 'máis de 150' comercios. Ou sexa, preto de 100 € por comercio que figure asociado é a subvención que os ribadenses damos a ACISA (a web, despois de longo tempo sen funcionar, xa funciona dende comezos do ano pasado), concello mediante, para este 2017. Encarada por certo nun convenio trienal  por tres veces esa cantidade, 42 000 € en total.
O pasado ano as contas saían a preto de 160 socios, despois de declarar os representantes de ACISA 150 antes da incorporación dos premiados con subvención da asociación subvencionada. Tamén este ano, segundo a nota de prensa do concello, ACISA terá repartido en premiso (non en subvencións) máis de 9000 €. É dicir, só coas subvencións do concello quedan uns 5000 € libres para outros menesteres. A nota de prensa liberada valora moi positivamente os froitos desta subvención. E especifica que o concello sabe que está apoiando de xeito preferencial ó comercio. Claro que, apoiar de xeito preferencial significa que hai quen non está a ser apoiado de xeito preferente. E fronte a 150 integrados en ACISA, hai 10 000 habitantes no concello. E polo tanto, unha 'transferencia neta', aínda que se supón que están a pagar máis impostos. Remarco da nota de prensa: "O alcalde sinalou que "para comprar e disfrutar de Ribadeo estas actividades son as que se necesita que sigamos apoiando con diñeiro público, con diñeiro de todos, pero que redunde no comercio, nos hostais, nos hoteis, etc… Esta é a nosa misión e estamos encantados de poder achegar esta cantidade económica para este ano"."
As actividades refírense a actividades conveniadas a máis da subvención como indianos ou pista de xeo, colaborando o concello ademáis, como se di na nota, coa colaboración loxística.e é que ACISA ten unha dinámica de moita actividade. máis de 25 este ano. Segundo o xerente, nunha nota na web de ACISA, "“Un experto en marketing, Al Ries, dice: sea el primero en lo suyo y será el primero en la mente de todos. Concéntrese en algo. Invéntese su propio hueco, aunque sea pequeñito y sea el primero en llenarlo. En nuestra memoria solo hay sitio para los primeros. Desde la asociación pretendemos hacer de esta frase nuestro modelo de trabajo y que nuestros asociados ocupen ese primer hueco y lo llenen, para ser recordados, ofreciendo los mejores productos y servicios” explica el gerente de la patronal."
Segundo puxen no blog no seu momento, o orzamento de ACISA para 2016 era máis ou menos:
Orzamento 2016: 139 394 €
Ingresos.
-Subv. Ben Empregado (Deputación): 39 417 €
-Subv. Concello: 14 000 €
-Subv. Xunta: 40 000€
-Cotas asociados: 36 000 € (a ter en conta que as cantidades en miles son aproximadas, e puxen esa cantidade en troques dos 40 000 que destacaba a prensa para que cadren sumas)
Gastos.
-Xerencia 21 837 €
-Traballadores 34 796 €
-Asesores externos 6 746 €
-Bolsas e banderolas socios 1 524 €
-Gastos oficina 11 530 €
-Patrocinio 4 000 €
-Campañas 54 985 €
-Comisións bancarias 800 € 

Na foto, da nosa esquerda á dereita, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o presidente en funcións de Acisa, Juan Andina, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Comercio e Desenvovlemento Local, Ana Martínez, e o secretario accidental do Concello, José Rodil.
Por certo, o luminoso o parque, para básicamente anuncios do concello, cunha participación importante dos actos de ACISA, non funciona (de novo)
O aparello, nunha avaría anterior.

Ningún comentario: