O pasado día 25 apareceu na nova web http://ribadeo.sedelectronica.gal (ten xusto un ano aínda que sexa descoñecida), sección transparencia. A convocatoria, para o día 29, hoxe, é a que segue:
Da convocatoria, despréndense ademáis a suba de varios servizos municipais, a certificación da elección do concello do camiño (anunciado xa na prensa) da videovixiancia mediante cámaras, un paso máis cara ó funcionamento da Residencia de maiores, coa creación dunha comisión (de políticos) para xerar un informe sobre a forma de xestión, unha solicitude de compatibilidade dun empregado municipal para exercer outro traballo e a petición de arranxo da N-642. A máis, mocións en relación á violencia de xénero (BNG e outra do PSOE), sobre a vaga de incendios (PSOE), transporte na Mariña (PSOE) e abandono do medio rural galego (PSOE).
A máis, a dación de contas e rogos e preguntas, que seguramente xerará máis dunha.
Do portal de transparecia e o seu funcionamento diferenciado e separado da web do concello, podemos falar outro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario