Onte algún diario económico titulaba unha nova algo así como 'por primeira vez diminúe o soldo'. Referíase, naturalmente, a nivel estatal e non só de Ribadeo. E referíase a que o soldo medio, en euros, foi menor o ano pasado que o anterior. Non se refería, por suposto, ó aumento de desigualdade, que leva abondos anos a medrar, mesmo nos soldos. Asemade, despois de facer a comprobación nalgúns, está claro que a nova non se puido ver en moitos diarios. E, nos que se viu, polo menos nalgúns, o gráfico que a acompañaba estaba cortado de tal xeito que parecía que o medre dos soldos fora a caraba mesmo en anos da crise.
Como era consciente de que o poder económico dos soldos hai tempo que non levanta cabeza, collín os datos das cantidades medias en euros, máis o ipc e fixen un gráfico do poder de compra dos soldos dende o 2008. E, como diferencia coa maioría da prensa que presentou a nova, fáigoo con dous gráficos diferentes aínda que representen o mesmo, e a táboa que corresponde con eles:
Coido que está clara a perda do poder adquisitivo non no último ano, senón a partir de 2009... e iso, sen contar con que na parte baixa dos soldos, a que cobra a maioría, a caída foi maior (os soldos dos consellos de administración non sei se pararían de aumentar algún ano).
Aínda que este gráfico sexa máis realista, segundo os datos aportados (se son de fiar os datos económicos aportados polo ministerio, iso xa é outra cousa
E esta é a táboa que corresponde ós gráficos anteriores, onde se ve o ano, o soldo medio, a variación del en relación a 2008, a variación do ipc e o ipc con base 100 en 2008, e o poder de compra se o consideramos en 2008 igual a 1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario