Os nomes protagonistas eran ULM Toxo, o do avión xa deseñado, e os emprendedores, José Luis González Miró (Ribadeo), José Manuel Fernández (Foz) e Antonio Castelo (Vigo). Informábase de que despois de tres anos do deseño do biplaza, e a falta da proba de vóo e homologación, xa tiña o permiso do concello para a construción da nave. O comezo de fabricación prevíase para o verán de 1998, pensando en entregalos só montados en parte.
A base do corpo era de fibra de carbono e soporte de base de niño de abella, para aumentar resistencia e reducir peso. A fuselaxe, dun largo de 1,22 m e 1,50 de alto, suxetaba unhas ás de envergadura 7,5 m. Un motor made in USA de 125 Cv e custe uns 2 millóns de pesetas (12 000 €) permitíalle unha velocidade de ata 350 km/h, autonomía de máis de 1000 km e despegue en menos de 200 m. O prezo previsto? uns 5 millóns de pesetas (30 000 €)
A historia, despois do seu comezo, quedou reflectida a trazos no blog:
En 2006 o Toxo non marchaba.
En 2008, o Toxo quedou definitivamente empantanado en Aragón.
Se o anterior era en xuño, en novembro de 2008 a empresa pretendía voltar a Vilaframil cun novo modelo, o Xesta.
En 2016 lembraba a historia de Construcións Aeronáuticas de Galicia a conta da presentación dun dron acuático, o 'Defensor' no Cabazo, nunha agrupación con outra empresa viquesa.
Toma de Pantalla de Galipedia, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario