Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda.
Xa non había
vixiantes, claro, a
xente andaba por todos os lugares. Non había
xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla.
Mentres, o
estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes.
|
Vista das catedrais, onte |
|
Zona protexida maís esquecida pola xente que polas catedrais vai |
|
O coidado da madeira está fiado ás costosas reposicións, non á pintura. |
|
A vexetación baixo a pasarela contrasta coa vexetación protexida |
Sobre a
conservación das catedrais coido que levo escrito e fotografado abondo.
-
Por certo, deixo unha captura de pantalla da páxina das xeorrutas de agora mesmo, como curiosidade a ver se alguén nota algo raro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario