20180119

A pel vilega de Ribadeo

Dende hai tempo, en todo o mundo, vnese producindo unha transformación cara a urbanización. En Ribadeo podemos dispor de gráficos de case os últimos vinte anos dun xeito sinxelo, recollendo datos no Instituto Nacional de estatística. É pois doado observar que en 17 anos a vila aumentou 2000 habitantes, mentres o concello só o fixo en mil. Algo que implica unha diminución de mil habitantes rurais no mesmo período, pasando de 4000 a 3000. Así, hoxe por hoxe, máis das dúas terceiras partes dos habitantes do concello residen na vila de Ribadeo: por cada 9 habitantes da vila, o rural só ten 4.
Velaeiquí os gráficos:
No primeiro gráfico represéntanse os habitantes totais do concello  en azul, e en vermello, os vilegos. Vese que o aumento de habitantes é máis acusado na vila en todos e cada un dos anos representados.
 O segundo gráfico representa a porcentaxe de vilegos sobre a poboación total. Conforme a que medra máis, a porcentaxe vai medrando.
 O terceiro gráfico só aporta unha visión extrema do fenómeno: trátase da representación de número de habitantes da vila por cada cen do rural (en azul) e do número de habitantes do rural por cada 100 da vila (vermello). Ver como ambas liñas se van afastando é abono demoledor sobre a previsión do mantemento futuro do mundo rural no noso entorno.

Ningún comentario: