O escrito do Defensor, que está colgado íntegramente no noso grupo de facebook (e embaixo), di expresamente que a Autoridade Portuaria “ha dado traslado al promotor del proyecto de rehabilitación del faro de Isla Pancha del escrito del Defensor del Pueblo, con el fin de que aporte toda la documentación de que disponga, al objeto de mejorar la motivación de la evaluación efectuada”. E mais adiante di: “De lo informado por la Autoridad Portuaria se desprende que se va a completar la valoración ambiental efectuada, con el fin de determninar si existe o no afección apreciable al espacio integrado en la Red Natura 2000…”
Entendemos que estes dous parágrafos son dunha claridade meridiana respecto da custión que aquí se discute: non existe un infome axeitado a dereito sobre o impacto á Rede Natura 2000, dado que a Autoridade Portuaria recoñece agora que hai que ampliar os informes editados anteriormente. Nin mais nin menos o que o noso grupo ven denunciando dende xullo de 2016 a costa de recibir insultos, ameazas, caladas administrativas e políticas e clamorosos silencios mediáticos. Agora resulta que si, cando tódolos trámites administrativos están rematados, incluída a licencia de actividade, agora a Autoridade Portuaria ven a recoñecer que o expediente non estaba completo e naturalmente o concello de Ribadeo -que debera ser o primeiro interesado en defender on intereses dos veciños e garantir a correcta tramitación do expediente- segue de costas a unha realidade tan evidente.
Polo demais na páxina web do Defensor del Pueblo está reflexado o traslado do escrito que aquí anunciamos ao Concello de Ribadeo e mesmo a Autoridade Portuaria.
Pola nosa banda non nos queda outra que esixir ao Concello de Ribadeo que se suspendan provisionalmente tódalas licencias concedidas para o proxecto de apartamentos da Illa Pancha, mentres non conte con tódolos informes pertinentes e que se interese activamente por chegar ao fondo da custión: non vale calquer papeliño expedido por non se sabe quen, os contidos dos informes deben ser claros e axustarse á normativa vixente en Europa, España e Galicia.
Colectivo “Por Nuestro Faro” 10 de Xaneiro de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario