20180109

O próximo consistorio ribadense voltará ter 13 concelleiros

Nas eleccións de 2015, o salón de plenos de Ribadeo tivo que reformarse para dar acolida a 17 electos. Nas próximas eleccións poderá volver á antiga disposición, segundo a evolución demográfica segundo os datos do instituto galego de estatística. A falta aínda dun ano de datos, á vista da demografía ribadense, é o máis probable. Na táboa indícanse os datos ó comezo de cada ano (os últimos viron a vista a semana pasada):


A gráfica do censo de Ribadeo mantense abondo plana dende mediados do século XIX, observando o maior repunte na primeira década deste século (a ter en conta que antes os datos eran tomados por décadas, co que puido ter habido algunha variación grande que quedara enmascarada entre dúas décadas)


Ampliando a escala vertical, obtemos un detalle moito maior, e observamos que dende hai dez anos prodúcense variacións moito máis aleatorias que antes, pero con incrementos ou decrementos abondo máis pequenos.
 Algo que confirma a gráfica seguinte, a dos incrementos de poboacion anual, que pasa un pico no 2006 para convertirse en errática a partir de 2010:
Por último, unha curiosidade: a porcentaxe de mulleres matívose ata 2005 por riba do 53% (53 mulleres fronte a 47 homes) para baixar na actualidade a pouco máis do 52% (52 mulleres fronte a 48 homes):


Ningún comentario: