Algo tratado onte no pleno, no que se decidiu manter a presión fiscal e non aumentala como se tende no estado. Como? Mentres que aumenta a valoración catastral (manexada por entidade estatal), diminúe o coeficiente aplicado polo concello -como estaba previsto (ou aquí)- para o cálculo da taxa correspondente.
O número de inmobles vai aumentando: en principio, despois dos anos de construción, lonxe xa do bosque de grúas que chegou a tentar poboar Ribadeo, por regularizacións.
E a distribución de inmobles, como é? Ah! diso non se tratou onte!
Proxecto de BIC para a zona da Torre dos Moreno en 1995. IBI importante, e centenario, xa. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario