Pode interpretarse como coña, como retranca... ou sinxelamente como un dato: no ano 2016, redondeando, a cuarta parte da poboación ribadense tiña máis de 65 anos, despois de ir medrando a proporción ó atenuarse o fluxo migratorio de entrada, que permitira algún tempo atrás diminuír lixeiramente a porcentaxe. Copio unha frase dun artigo aparecido a semana pasada en eldiario.es, (''
Las ciudades de la demencia senil': la respuesta de Japón ante el envejecimiento de su población'): "
Matsudo había centrado mucho antes su política de bienestar en los servicios a personas que sufren demencia. Fue en 2010 y por una buena razón: cuando termine esta década, más del 28% de las 480.000 personas de la ciudad tendrá al menos 65 años." ... e 1 de cada 5 maiores de 65 anos terá demencia senil, que non é o mesmo que Alzheimer, mais é parello. Trasladado a Ribadeo, hoxe, significa que estamos ante un problema dunhas 500 persoas, a quinta parte do 25% de maiores de 65 anos.
En Xapón hai anos que tentan atallar o problema con iniciativa (se se le o artigo citado, verase por onde van os tiros). Aquí, esperando que a nova residencia (con capacidade conxunta, xunto coa vella, dunhas 100 persoas) parece que se atallara xa o problema mentres medra nos nosos narices. Alí, boa parte da solución do problema pasa pola asociación da propia poboación, mais aquí parece que o único que progresa de xeito asociativo sen subvención xenerosa son os partidos políticos (con subvención, podendo sacar proveito individual, xa é outra cousa), e non hai subvención para todo, hai demasiados pozos negros.
|
Primeiro paciente identificado de Alzheimer. Foto no D.P. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario