20180209

Ribadeo, ó 77%

Hai un par de días, aparecía no blog a entrada 'de seguridade, incumprimentos e boas intencións'. Hoxe, no xornal, pode verse unha información relacionada que apoia todo o alí dito. En concreto, dicía que soaban as promesas feitas 'dende arriba' a algo repetido, e que o aumento da vixiancia nouturna en Ribadeo levaba esperando máis dunha década. Pois o que se pode ler hoxe no xornal é que a plantilla da Garda Civil en Ribadeo está ó 77 % (24 axentes de 31 postos de plantilla), tendo un posto sen cubrir na Policía Local dende hai un mandato.
Os datos, dados por un representante da Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) diferencianse dos datos proporcionados á prensa polo xefe da Garda Civil na Mariña hai uns meses. Se ben naquel casol caso os números porporcionados atinxían a toda a Mariña, viña a dicir que as carencias só chegaban ó 10 % se non se contaba ós mandos, mentres que neste caso, o representante a nivel provincial da Asociación manexa ó 15 % de carencia na provincia. Como vimos ó comezo, en Ribadeo é dun 23 %.
A situación de perigosidade na Mariña en xeral é boa, a pesar dos roubos. Niso coincide todo o mundo. En que as forzas policiais (G.C., non me gusta chamalas 'de orde pública'; traeme connotacións de emprego da forza contra a xente) acoden alí onde se lles chama, sempre, tamén coinciden mando e asociado. Pero, neste último caso, axusta 'y eso es así pese a ser los que menos cobramos'.

Ningún comentario: