Dende hai tempo véñense sucedende episodios de verquidos no
CAVI,instalación que os
Irmandiños (recentemente integrada en
CLUN)teñen en Barreiros, entre o rego de Porto Bragán e o rego das Teixeiras, na parte superior da conca do
río Grande. Agora, a fiscalía ven de instar ó xulgado a abrir un expediente, ó parecer a instancias do concello de Ribadeo, despois de anos de ter de cando en vez algunha multa administrativa. Antonte, ó facerse pública a nova, o concello de Ribadeo emitiu un
comunicado cunha especie de 'por fin nos fan caso' mentres a cooperativa fixo o propio un día despois con outro ó que non tiven accesopor non estar nin na súa web nin nas redes sociais, pero coa mensaxe implícita 'a min que me rexistren', do que se fixeron eco Voz e Progreso (con títulos
Os Irmandiños: «El CAVI no ha generado problemas ambientales significativos» e
Os Irmandiños nega que xerase problemas ambientais "significativos").
Botando unha ollada á
páxina de calidade de CLUN, parece contradicirse coas prácticas das que é acusado o CAVI, mais a contaminación da auga de subministro de Ribadeo está aí...
|
Situación do CAVI |
Ningún comentario:
Publicar un comentario