--
Onte houbo un novo derrumbe na zona na que o 30 de decembro de 2005 outro anterior provocara o corte da estrada do faro, como se ve nas fotos daquela (publicadas en 'unha primicia en visual'):Un ano despois das fotos, no día dos inocentes do 2006, comentei que seguía o valado, pero doce anos despois non é doado rememorar aquel ano de paso restrinxido cara ó faro.
A estabilización do terraplén e da calzada durou ata o momento, máis parece que vai sendo hora de reforzala. Non porque estivera mal feita nin porque caducara, senón porque o actual derrumbe, lateral, nunha zona non tratada con anterioridade, ameaza esa parte do talud saneado daquela, podéndose aprezar que baixo o manto de saneamento hai unha zona da beira sen nada detrás.
dende entón lévanse producido outros derrumbes, como o Derrumbe da atalaia, do que parece que costa xa traballo lembrarse.En fin, cousas da natureza, ás veces intervida polos humanos, pero actuando sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario