20180427

Poñendo en tela de xuízo a xustiza

Foi un clamor. En toda España. Tamén en Ribadeo se notou.
Unhas 250 persoas démonos cita onte na praza oito de marzo de Ribadeo, apenas dez horas despois de ser dictada a sentencia do 'caso manada'. A protesta foi pola consideración de culpa achacada, non pola pena imposta. Coido que é algo a diferenciar: a pena depende das leis, a culpabilidade é o que se xulga. E non se trata dun linchamento, moitos meses despois de que ocorreran os feitos, senón dun sentimento de inxustiza documentada.


Convocatoria

Recollido nas redes sociais

Ningún comentario: