O tema lémbrame ó do castro das Grobas, ó que agora, coido que menos dunha vez por ano, o que se lle fai é desbrozalo, pero a pesar da súa proximidade a Ribadeo e da súa potencialidade turística como enclave na costa, hai xa anos que non se lle fai nada máis.
Neste caso, a asociación dunha asociación, aínda que sexa para recadación de cartos, pode ser un alicerce para que 'as autoridades' fagan algo máis. E conta co apoio de ForSeaDiscovery.
Ficha
Nome: Santiago (S. Giacomo)Armada: Armada de socorro de Irlanda, posterior á Escuadra Invencible
Chegada a Ribadeo: 13 de novembro de 1597
Cargado de: Infantería e cabalos
Eslora: 34 m
Peso da carga admitida: 1000 tm
Construcción: Nápoles
Armador: Giacomo di Polo
Derradeira viaxe: De Cornualles a Ribadeo, sendo atacado no golfo de Vizcaia por dous buques holandeses e outro inglés, segundo o caderno de bitácora.
Arqueólog: Miguel San Claudio
(imaxe collida dunha publicación anterior no blog), representando o tramo final da ría de Ribadeo -N cara á esquerda- coa Illa Pancha ben visible, e o forte de S. Damián. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario