Hai xa varias décadas que coñecín a Funfrín. Así era o alcume de Fernando, das Figueiras, e así, o coñecín eu, sen apelidos.
Hai máis dunha década que deixou este mundo. Non sei a data exacta, pero para estas verbas, pouco importa.
O que si importa, o que me fai poñer estas letras, é que algunhas das súas verbas, de queixa, protesta e acusación, quedaron pintadas en pedra. Na pedra do muro da súa finca, a que rodea a que foi a súa casa nas Figueiras. Calquera que as lea e que saiba que levan dez anos escritas pensará na razón pola que nese tempo non se retiraron. A dicir verdade, non sei nin a súa versión dos feitos ós que se refiren, e tampouco podo explicarme que perduran despois dunha década máis que por motivo de ser consideradas insignificantes. De calquera xeito, para min, un misterio.
Algunhas das pintadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario