20180524
Hoxe, 20180524, pleno
Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do convenio coa Deputación para a Residencia de maiores (despois da marexada interna na Deputación)e diversas aprobacións relacionadas co estado financieiro do concello e facturas. A máis, claro, do caixón de xastre obrigado final, incluíndo decretos, mocións, rogos e preguntas. Mocións hai unha: da coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións sobre o rexeitamento dun produto paneuropeo de pensións individuais.
Etiquetas:
auga,
Medio,
plenos,
residencia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario