20180503

Maio do 68

Tres de maio. Tal día como hoxe, hai 210 anos, estaba en marcha a rebelión contra o arrebatamento por parte dos dos franceses do poder en España, despois de ver como unha revolta en Madrid se convertía en fusilamentos, como foi recollido por Goya.
E hoxe, hai xa 50 anos, tamén España cobraba conciencia de que as revoltas que comezaron en París en maio do 1968 ían camiño de ter un lugar na historia, despois de recrudecerse tras o peche da universidade.
Hoxe celébrase a 'guerra da independencia' deixando de lado algunhas facetas inconvintes para o poder establecido e tenta celebrarse o 'maio francés' como un momento exaltado de liberdade liberticida, esquecendo a loita e a súa expansión a nivel mundial. Recollo da wikipedia en francés varios carteis e pintadas que están no dominio público, seguindo a idea propia dos comuneiros parisinos. A primeira é coñecida, as outras, máis longas, non tanto.
Por certo, que lembro que a televisión do réxime de Franco presentou as revoltas algo así como o resultado dunha nación débil e desorientada en contraposición a un réxime forte e cunha misión.
 Sede realistas: pedide o imposible!
 Agricultores, os que están en folga teñen necesidade de vos. vide venderlles os vosos produtos direitamente nas fábricas e nas facultades.
 A liberdade é o crime que contén tódolos crimes. É a nosa arma!
Cabeceiras de prensa: veleno

Ningún comentario: