20180921

Unha illa sen luz


Hai cousas parellas e outras discordantes entre a Illa Pancha e a Ponte dos Santos na política local. Entre as primeiras suliñar a necesidade de luces que esparexen as sombras e das segundas o ben que se expresa o Sr. Alcalde sobre os dereitos dos veciños nun caso e como os agocha no outro.

Como saben os lectores interesados, a semana pasada publicamos un escrito no que análizabamos o proxecto de legalización dunha fosa séptica e un verquido na Illa Pancha. Este escrito foi presentado no concello, pedindo que se estudase o devandito proxecto e mesmo que o propio concello presentase as suas alegacións. Naturalmente, o colectivo Por Nuestro Faro remitiu o mesmo documento como alegación a Xunta de Galicia.

No pleno municipal do día 18 de setembro, a concelleira do PSOE, Aurora González Ginzo fixo unha pregunta sobre o mesmo tema, cousa que lle agradecemos encarecidamente.

A resposta do Sr. Alcalde non ten desperdicio. Según el o proxecto será estudado polos técnicos municipais e o concello actuará dacordo cos informes pertinentes. O problema é que o prazo de alegacións rematou o día 12 de setembro e polo tanto a estas datas os informes técnicos serán papel mollado. Temos grabadas as intervencións por se alguén as quer escoitar.

Dende o noso ponto de vista, o Sr. Alcalde, coma sempre neste asunto, ponse de costas ao miolo do problema e deixa pasar o tempo e os prazos para non comprometerse e adoptar as medidas axeitadas na defensa dos intereses os veciños. Por omisión deféndese os intereses de particulares.

Por suposto que o proxecto ten aspectos técnicos e administrativos que precisan dos informes preceptivos, pero a DECISION POLITICA de estudar o proxecto DENTRO DE PRAZO non é competencia dos funcionarios, como entende perfectamente calquer estudante de bacharelato. Como a de pedir unha ampliación do prazo por publicarse a fines de agosto e nas festas de Ribadeo. Como a de expresar unha opinión sobre unha fosa séptica que xa está construida dende abril de 2017 (según o propio proxecto técnico) e preténdese legalizar en agosto de 2018. Son actitudes coherentes ca sua primeira declaración en abril de 2015: “Un premio para Ribadeo”. Ou ca de consultar á Autoridade Portuaria (do goberno anterior) sobre os informes do Defensor del Pueblo, sen ter en conta a opinión dos funcionarios locais.

Ainda mais o Sr. Alcalde repite o que xa ten dito noutras ocasións: O que non esteña dacordo que recurra ao contencioso administrativo. Un aceno de prepotencia que malamente disimula a falla de vontade para saírse do guion e asumir as suas responsabilidades diante dos ribadenses.

Para rematar, lembraremos aquelo de que tanto lle tiña que puxeran unha tenda de roupa ou unha perruquería mentras fose legal. E logo ¿Facer unha fosa séptica e presentar o proxecto ano e medio mais tarde entra dentro da legalidade?. A ver se acaba convertida nun yacuzzi (licenza incluída) e todos tan contentos.

Colectivo POR NUESTRO FARO

- En breve, o documento

Ningún comentario: