20181111

Da presentación do libro Islas san Cyprianus: orgullo y patrimonio

Escudo de Laracha, con balea. CC-by-sa 4.0. Autor, SanchoPanzaXXI, collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Escudo_de_Laracha.svg

1.Algunhas cousas collidas ó vóo na presentación do libro Islas de San Ciprianus: orgullo y patrimonio, do que dixo o seu autor, Pablo Mosquera:
-'Son un produto do sector público'
-Sobre San Martiño de Mondoñedo: servir para o culto, servir para a cultura
a costeira da balea estendíase do Samaín á primavera, con fontes acreditadas dende o século IX
-Pola nosa costa non hai heráldica con baleas, como no País Vasco. Excepción: Caión, a Laracha.
-A escaleira do faro de Estaca de Bares, feita en Sargadelos. 
contra ilustración, reacción (como algo histórico, aínda que para ilustrar o caso de Raimundo Ibáñez)
-A industria de Sargadelos como promotora de intercambios no Cantábrico.
-1875: cae Sargadelos, hai hambruna, emigración...
-Ruth Matilda Anderson: retratos sen nome e apelidos, pero con callos nas mans, e grazas a ela, con imaxe na historia.
-Galerna do 61: 30 mortos en Celeiro. Barcos mercados de segunda man ós vascos e orixe do programa de renovación da flota.

2.Apuntes / Guión para a presentación do libro de Pablo Mosquera “Islas de San Cyprianus: orgullo y patrimonio”(A. Gregorio)
 Algo previo:
* A presentación ha ser do libro ou do autor? Coido que máis do autor, pero, como a presentación foi un encargo, mais a lectura, un pracer, vou deixarme levar e farei un mix, dicindo algo tamén sobre o libro.
* Galego ou castelán? Xa elixín. Entre nós soemos falar en galego, e o libro ten intervencións alleas a Pablo, todas en galego.
 Quen é o autor? Pablo Alejandro Mosquera Mata. Bígaro. Podo ler a súa entrada na Galipedia, que comecei eu, mais iso pódeo facer calquera cando queira.
 É alguén que fai bandeira da reivindicación da Provincia de Mondoñedo. Mariñano, mindoniense, consciente da diócese de Britonia (que lle descubriu José María Rodríguez). Pueblerino cidadán do mundo. Emigrado como estudante, retornado como experto e con remate profesional como sinxelo médico de familia a Cervo, retorno ás orixes completando un ciclo vital e emocional. Para min, non sei ben por que, non lle queda lonxe a figura de Prisciliano, aquel que hai quen di que pode estar oculto nun cadaleito en Santiago pero é descoñecido para case todo o mundo aínda sendo moi visible (se é certa a lenda)
 No libro, hai unha referencia de Carlos Nuevo Cal a Macondo. San Cibrao, e por extensión, a Mariña e a provincia de Mondoñedo serían ese Macondo de realismo máxico para Pablo, realismo documentado, máxico por imaxinación.
Médico e escritor, ten levado unha vida densa que foi dando lugar a sucesivos libros coa expresión da sociedade e da realidade de san Cibrao e mariñá. Dirixiu 5 hospitais, ganou 4 oposicións (desto entereime procurando datos), xogou ó fútbol (conste que eu nunca vin tal) ...
 Dáme certa envexa a súa conciencia de pertenza. Eu, síntome pero en comparación con Pablo non actúo de xeito consciente, con memoria privilexiada da xente, dos lugares, unha memoria e unha vida rica en lembranzas.
 Apreza os museos, pero non está ancorado no pasado, senón en hoxe. Cos pés na terra, na terra mariñá. Coa cabeza no ar, no ar que ven do mar.
 Pablo é capaz entre outras moitas cousas, de ser tertuliano, escritor, médico, amigo, político, guía do museo do mar ou guía dos Aventados. Pode que a clave, ao menos en parte, sexa o título do último artigo que ten publicado, “Escoitando sempre se aprende”. E logo, pensando.
 Na ‘Sonrisa Etrusca’, José Luis Sampedro fala dunha persoa maior que era sonsacada por un estudante para un estudo etnográfico. O estudante sabía que o home inventaba historias, pero non lle importaba: nas historias que inventaba ía tamén o seu ser, pasaban a ser reais. Algo así sucede con este libro, polo demais, documentado como se pode ver nas referencias ou sentir nas historias.
 E entón, o libro?
 O libro é a súa terra, as súas xentes, o mar, a saúde que non pode esquecer, sentado na historia que quere lembrar, de Prisciliano ó Casón, De Erundina a Rivera Casás, da Maruxaina a Ibáñez... como base de todo o demais.
 E Ribadeo? Si, tamén está no libro. Por xeografía. Por por xente. Por mar. Por terra. Por historia. Por Pablo

Ningún comentario: