Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... )
20181206
O primeiro CD da banda de Ribadeo, en Youtube
Atopeino hoxe de casualidade. E coido que merece unha difusión maior da que presentan o número de visitas que hai nestes momentos en cada un dos temas. Está gravado pola banda baixo a dirección de Hernán polo Servicio de Producción da Radio Galega os días 12 e 13 de
agosto de 1997 no auditório da Escola de Capacitación Agraria Pedro
Murias, de Ribadeo, agás as obras "Andante Spianato e Gran Polonesa",
"Sinfonia do Novo Mundo" e "Piensa en mí", que foron rexistradas en
directo no concerto ofrecido pola Banda Municipal na Igrexa Parroquial
de Ribadeo o 1 de agosto de 1997.
Obra:Andante Spianato e Gran Polonesa en Mi bemol Maior Op.22.
Autor: F.Chopin.
Transcrición: Hernán Naval.
Obra: Sinfonía do Novo Mundo (fragmento)
Autor: A.Dvorak
Arranxo: Michael Sweeney.
Obra: Finlandia.
Autor: J.Sibelius.
Transcrición: Frank Winterbottom.
Obra: O Segundo Vals, da Jazz Suite nº2.
Autor: D.Shostakovich
Arranxo: A.Waignein.
Obra:Pavane in Blue.
Autor:T.Huggens
Obra: Portbou-Saraxevo.
Autor: Hernán Naval
Obra:( Everything I Do) I Do It For You, BSO de Robin Hood.
Autor: Bryan Adams.
Arranxo: Ron Sebregts.
Obra: Lonxe do Mar (Habanera).
Autor: Hernán Naval.
Ningún comentario:
Publicar un comentario