Coido que a foto é abondo explicativa. A vía recta cara adiante, sen ninguén que a transite e con lixo descoidado á beira. Unha alegoría do
tren na comarca na actualidade (e no pasado), e por extensión, dos transportes en xeral. Podería ser unha vía ó futuro, mais polo momento, parece unha vía ó pasado de atraso e incomunicación. Algo que se pode contaxiar da sociedade ó individuo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario