20190101

O meu primeiro artigo para este 19 do 21. Pablo Mosquera

Os meus netos, Blanca e Nacho, pertencen ao século XXI. Para eles, o XX será algún que outro capítulo nunha novela ou mellor entre as páxinas de traballos historicistas. Pero por agora son felices. Están disfrutando por Disneylandia en París. E é que comparto cos meus fillos a necesidade que temos de estimular a imaxinación dos nenos, fuxir destas alienantes máquinas que para máis inri, necesitan explotadores sen escrúpulos que obteñan minerales no continente "invisible" de África. Si, dese lugar inmenso que lanza pateras con gentes desesperadas tratando de gañar as costas ao sur de Europa.
Unha Europa no bordo do fracaso. Coas súas capitais cercadas polo terrorismo islámico. A nova expresión para esa confrontación cavalgando cos outros xinetes do Apocalipsis de San Xoán. Unha Europa lonxe do humanismo e perversamente volcada no capitalismo global e mercader. Unha Europa da que sairá o Reino Unido, o que pode facer que os meus netos, para acudir á imperial Londres, teñan que facer uso do pasaporte. Unha Europa preocupada polo que egoístas autores para os dicterios, poñen en estado de alerta ante os "populismos".
Pero, ¿que son os populismos e quen os creou ? Precisamente eles, os moi ricos e ausentes do pobo. Unha vez máis, os parias constitúen lexións de proscritos que solicitan pan, dignidade e traballo. Non se conforman coas migallas das mesas solemnes e circunspectas de quen xoga á súa vontade co mando a distancia para os gobernos que os máis ilusos aínda se cren representan a democracia.
Na primavera, os meus netos seguirán sendo nenos. Non podrán participar nas eleccións sobre as que xa estamos asvertidos. Poden ser manipuladas por Rusia, China ou como de costume pola CIA. Hai santo temor polo "descontrol". ¿Que descontrol ? Todo aquilo que non poida ser dominado polos mandarines de turno. Os que cando se equivocan provocan a crise, que pagamos as clases populares.
Mira por onde na escola da vida chegamos á encrucillada. Popular e populismo, proceden do mesmo núcleo. Outra cuestión ben distinta é a súa causalidade e as súas consecuencias. Como no século XX, a gota derrama o vaso. Os silentes terían que estar atentos esperando que alguén cumpra a declaración Universal dos dereitos humanos.
E así, estes días, asistimos ás soflamas dos sucesores de Nostradamus. O novo ano chega cargado con desafíos. Para os románticos, vivir sempre foi un desafío. Para os ecoloxistas, disfrutar e soster o medio ambiente, contra os depredadores, unha revolución constante. Para os que temos visto substituír á Igrexa, con sede multinacional no Estado Vaticano, pola marioneta do estropallo na cabeza, ou por funcionarios de negro ao servizo do FMI, todo segue igual, pero pode chegar a ser peor, na xestión do medo.
A filosofía xa non ordena o pensamento. Ni está, nin se lle espera. Agora os predicadores embáucannos coa teoría do esencial. Un termo tan abstracto que abarca todo ou nada, depende de quen vaia a tal lugar coas súas demandas ou crencias.
Resumo. Teño ganas para que os meus netos aprendan que non hai revolución máis fermosa que a de sempre. A que comezou co Nacemento de Xesús. Cambiar o mundo, para que todos os seres humanos poidamos gozar dunha pequena zona de paz, saúde e liberdade.

Ningún comentario: