Mais, con ou sen carteis, a diferencia entre antes e despois do dito non se ten deixado notar. Por iso, e procurando un pequeno impulso, deixo abaixo unha síntese de normas que sería convinte adoptar (ou outras semellantes) para a circulación de bicicletas. E falo en condicional porque, por exemplo os carrís bici aínda non existen en Ribadeo...
Decálogo do ciclista ribadense
1.Toda persoa que circule ten que repectar as normas de circulación.2.As bicicletas deben circular pola calzada, de xeito preferente achegadas ás beiras, tendo prohibidas as beirarúas.
3.Se hai carril bici, deben facelo por dito carril, no que teñen preferencia.
4.Poderán circular polas zonas peonís só se están razonablemente baleiras.
5.A bicicleta debe ter elementos de sinalización que permitan ubicala claramente mesmo en condicións de pouca visibilidade. Asemade, é recomendable o uso de prendas reflectantes.
6.Os usuarios da bicicleta non poderán levar auriculares.
7.Só se podrán transportar outras persoas se alguén maior de idade transporta a menores de 7 anos, con cadeira adaptada e casco.
8.As bicicletas deben estacionarse nos lugares habilitados. Se non houbera ningún preto, poderán usarse as beirarúas e as áreas peonís.
9.Os menores de idade deben circular sempre con casco.
10.Os adiantamentos de vehículos con motor deben deixar unha beira de 1,5 m, e, en caso de manterse detrás dunha bici, unha distancia de 3 m.
--
O último punto é máis para condutores que para ciclistas, e o conxunto pode ser moi perfeccionado, mais coido que é máis importante cumprir un conxunto básico de normas que poñer moitas e logo que nin se saiba que din...
Ningún comentario:
Publicar un comentario