Ó parecer, para enterarnos de se pode ou non bloquear o que diga o congreso. Porque esa é a noticia: que vai poder facer, se pode facer algo.Polo sistema de votación e reconto, o normal é que o resultado do Senado potencie o do Partido máis votado ó Congreso, dificultado a actuación no caso de coalicións que se fagan coa maioría da 'cámara baixa'.
Neste caso, onte, o resultado non defraudou, pois seguiu a mesma liña. O partido máis votado ó Congreso fíxose coa maioría absoluta no Senado.
Hoxe, mellor que unha análise de ganancia e perdas, coido que está mellor lembrar algo que tiña para martes pasado pero que por circunstancias non publiquei. O por que está mellor, despois de ler, a ver se estás de acordo comigo. Titulábao "Información, desinformación, formación" e vai a continuación:
"
Onte non vin o debate electoral. E hoxe xa falei cunhas cantas
persoas tentando picalas en relación ó debate. De xeito invariable,
aquelo de que cada un fala da feira segundo lle vai nela, é aplicable a
este tema. E é que está demostrado que cando alguén se pon a mirar un
debate, a tendencia principal é que a idea preconfigurada tende a
reforzarse, desbotando outras que tenden a competir con ela.
Claro,
se todo fora tan sinxelo, os debates non existirían. E existen. Porque
neles preténdese aproveitar as marxes de dúbida. Por outra banda o
rendemento obtido (para os telespectadores, que o rendemento para os
partidos é outra cousa) depende de moitos factores,como a información
previa, que permite axustar a atención a aquelo que de xeito previo se
considera máis interesante, ou con máis dúbidas. A información previa
tamén inclúe a desinformación, con toda a cantidade de feitos dos que se
reciben novas e ós que non se lles pode procurar ou sinxelamente non se
lles procura a súa validación, pois hai moitas cousas ás que mirar e
pouco tempo para facelo (si, somos consumistas de todo, incluídas
noticias e tempo). Esa información previa tamén inclúe a formación, que
nos permite ter algunha posibilidade de manexo das trolas que nos meten,
de casar o que nos din coa ideoloxía de quen nolo di ou de apartar
coñas, insultos e faltosidades para centrarnos en feitos, ideas e
posibilidades de cumprimento.
Así as cousas, poderíase dicir que o
insulto implica recoñecemento de existencia ó insultado, pero máis ben é
un reproche de dita existencia e unha autoxustificación da propia: algo
así como un acto de ditadura. Dende logo, non é un recoñecemento do
dereito á existencia do outro, nin un intento de comprensión doutra
postura, nin moito menos unha comparación que permita mellorar o que se
pensa e o que se podería facer, cousas que implican un traballo extra
sobre algo xa feito de xeito previo.
Ah, unha cousa amodo de
reflexión previa ó final: alguén cre que os representantes dos partidos
nos debates (sobre iso de 'representar' a un partido tamén se podería
falar) falan do que nos interesa a nós en troques do que lles interesa a
eles mesmos? Ou que cando falan de algo que te interesa non é porque
lles interesa a eles que saibas que falaron diso?
E o final: unha
intervención mínima como estas liñas coido que podería facer pensar máis de
xeito teórico e/ou práctico que o debate, que si é capaz de xerar
incomparablemente moitos máis comentarios. E que pretende ademáis, algo
que isto non vai ter: votos. Non, non se trata de arrogarse méritos,
senón de sinxelo recoñecemento do que é a política aquí e hoxe.
"
Ningún comentario:
Publicar un comentario