A illa Pancha, en imaxe de satélite
Sr. alcalde,
Dirixímonos a vostede por segunda vez tras a visita de varios
membros do colectivo « Por nuestro faro» ao Concello de
Ribadeo para examinar os informes sobre os apartamentos do faro de
Illa Pancha. Como non recibimos resposta ao último correo onde se
lle pedía aplicar o contido de ditos informes, e diante da inacción
do Concello, quixéramos lembrarlle algúns dos parágrafos atopados
nesos documentos asinados oficialmente polo director da Autoridade
Portuaria de Ferrol-San Cibrao e reflectidos pola banda do Concello
de Ribadeo no intercambio de correos. Velaiquí dous sinxelos
exemplos :
«As condicións de ocupación do dominio público portuario,
recóllense no título concesional, entre elas se atopa a obrigación
do concesionario de permitir o acceso á illa ao público en xeral,
en determinados horarios». Documento dirixido ao Concello de
Ribadeo, e asinado electrónicamente por Alejandro Rey Seoane,
director da Autoridade Portuaria, o 21 de xullo de 2017.
Ou, entre outros informes, este do Concello de Ribadeo dirixíndose o
9 de agosto de 2017 á Autoridade Portuaria e estabelecendo como
conclusións :
“Primeira. Que debe quedar claro que o hotel ou establecemento
turístico que nos ocupa na Illa Pancha debe ter acceso público
libre conforme quedou sinalado anteriormente.
Segunda. Mentres non exista este libre acceso e ainda no ánimo de
cumprir cos principios de colaboración entre Administracións, non
se poderá informar favorablemente á comunicación previa da posta
en marcha da actividade”.
Non nos extenderemos máis : vostede ben coñece
os informes na súa posesión, e a mesma idea é recollida en
polo menos 15 dos documentos consultados por este colectivo.
E evidente, diante desta lectura, que a illa debera estar aberta ao
público en xeral dende o 1 de decembro de 2017, día no que o
Concello deu a licencia de actividade, porque si o Concello otorgou a
licenza era con esa condición. Non entendemos, nese contexto, por
qué a illa segue pechada a tódolos ribadenses e á cidadanía.
Polo tanto, esiximos
que se aplique de maneira urxente o que está estipulado nos informes
e que a illa Pancha, patrimonio de tódolos ribadenses, sexa aberta
ao público inmediatamente.
No caso contrario
emplazamos ao señor alcalde a que explique ao pobo de Ribadeo a
enorme contradicción entre a realidade e os papéis na súa posesión
dende hai ano e medio.
Atentamente :
Covadonga Suárez
Martínez, colectivo « Por nuestro faro »
1 comentario:
A illa é un ben de dominio público seguindo a Lei de Costas 9, título primeiro, nº 2: "Las islas formadas o que se formen en el mar territorial, en las rías o en la desembocadura de los ríos hasta donde sean navegables o se hagan sensibles las mareas pertenecerán al Estado en calidad de bienes patrimoniales... // Constitución Española, Art. 132, nº2: Son bens de dominio público estatal os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo-terrestre, as praias, o mar territorial e os recursos naturais da zona económica e a plataforma continental. Estas leis e algunhas máis amparan o dominio público polo que ningún organismo oficial pode conceder un permiso de residencia particular de algo sobre o que non ten ningunha autoridade.
Publicar un comentario