Anulada. Na mañá do día das letras galegas, pola baixa participación, que achaco ó fallo do cambio de clave diaria da que non avisei, retiro a enquisa. Noutra ocasión voltarei a intentalo cun esquema mellorado de difusión.
--
Como anunciei na entrada anterior, despois de expoñer as listas dos partidos e o seu programa, paso a artellar unha enquisa.Cabe lembrar que en relación ás enquisas, hai moitas dificultades para facelas fiables, aínda tendo moitos medios, o que non é o caso. De calquera xeito, a través dunha aplicación por teléfono móbil, sen poder votar dúas veces co mesmo aparello, a cousa pode ir mellor que en outros tempos.
Así que, se queres participar co teu móbil (e logo ver os resultados tamén no teu móbil, claro), entra en www.menti.com e introduce o código (
Para ver o resultado, tes que dar un correo electrónico, e envíache como está a votación no momento.
Se máis adiante queres volver a sabelo xa actualizado, verás que tes que pasar as preguntas de novo, pero ó contestar di que xa as contestaches e pregunta se queres pasar de pregunta ('skip'). Pero podes voltar a enviarte as respostas ata ese momento!
De calquera xeito, a final do día 17, letras galegas, un post dará conta dos resultados.
Apúntaste?
Ningún comentario:
Publicar un comentario