20190531

Perfil baixo, para ler

Rematei agora mesmo un libro, Perfil bajo, que deixo a disposición de quen o queira ler.
Entendámonos, non o deixo porque me quera desfacer del, non, senón porque coido que é bó lelo. E máis, aspiro a que, se alguén o le, despois mo retorne para telo a man e poder darlle algunha lectura rápida a unha parte ou otra segundo me pete.
O seu subtítulo, Libertad de expresión, ansiedad tecnológica y crisis política, é abondo máis indicativo do tema, pero non tanto do xeito de tratamento.
A portada, que collo del eldiario.es, coa sua licenza CC-BY-SA que permite a súa reutilización, para min é máis indicativa do tono que do tema.
Por certo, e a conto da licenza, a da foto de portada sería menos restritiva que a do propio blog, imposta polo hosting polas partes das que non son autor (o propio programa que permite a existencia do blog, por exemplo), e moito máis que a licenza do propio libro, CC-BY-NC-ND, que aínda así é menos restritiva que a licenza que por defecto se soe poñer nas editoriais cando se fai un libro.
En fin, se queres saber máis antes de pedilo/pedirmo, tes o título e o subtítulo para navegar e enterarte. Quedaría o autor: Guillermo Zapata.
Fin da historia? Iso depende de ti.

Ningún comentario: