Nota de prensa
O colectivo “Por Nuestro Faro” ven de denunciar á fiscalía do Xulgado de Mondoñedo o impedimento do acceso dos veciños e visitantes á Illa Pancha que so pode ser visitada polos usuarios dos apartamentos turísticos.
Como lembrarán os lectores, os representantes do noso colectivo consultaron o expediente de concesión da licencia de actividade tras recurrir á Valedora do Pobo de Galicia ao negarse o Sr. Alcalde durante cinco meses a autorizar a consulta do devandito expediente. Despois de recurrir a lei de trasparencia e denunciar o caso diante da Valedora o Concello viuse obligado a facilitarnos a documentación. A sorpresa dos nosos representantes foi maiúscula ao comprobar que a licencia estaba concedida dende o día 1 de decembro de 2017 ca condición expresa de que a porta da illa debería estar aberta para o libre acceso de veciños e visitantes, e así consta en diferentes documentos técnicos oficiais, tanto do Concello como da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
O paso seguinte, pola nosa banda, foi poñer os feitos en coñecemeto da opinión pública e mesmo cumplir o trámite de notificarllo pr escrito ao Sr. Alcalde por duas veces e con rexistro de entrada, concretamente os días 11 de abril e 8 de maio do ano actual.
Como ven sendo habitual o Sr. Alcalde non respostou ou fíxose que non se daba por enterado. De seguido agardamos mes e medio, e o día 24 de xuño formalizamos a denuncia por escrito na fiscalía engadindo os documentos máis significativos que avalían os feitos denunciados.
Como xa expuxemos repetidamente, estamos diante dunha grave eiva democrática, no Concello de Ribadeo : algunhas persoas que pagan unha habitación nos apartamentos turísticos da Illa Pancha poden visitar a illa e facer uso da mesma, accedendo por medio dun código de entrada facilitado pola empresa concesionaria, mentras o cidadán nativo ou foráneo debe quedarse na porta que permanece pechada en contra da obriga estabelecida pola licencia. Un auténtico disparate. E o alcalde no silencio máis absoluto.
Agardamos que se faga xusticia, por eso recurrimos ao fiscal.
Colectivo “Por nuestro faro”
3 comentarios:
Pois o único que queda por facer é convocar á cidadanía e botar a porta abaixo !
Conste que esa manía que teñen algúns espabilados de facerse propietarios das illas de Galicia é xa un costume moi arraigado para a nosa desgracia (coa colaboración dos políticos!)
A illa de Toralla segue tendo acceso privado e restrinxido pero alomenos contratan dous postos de traballo (día e noite) para vixiar a barreira (?)
https://flic.kr/p/fceQS7
Saúde e Boa Fortuna !
Non sabía que tiñades alcalde do BNG parece incríble que un nacionalista teña un comportamento tan pouco "republicano" !
https://resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es/#/es/mun/resultados/provincias/lugo/ribadeo
Sería boa cousa enviarlle unha NOTA ao Grupo Parlamentario do BNG para saber a que se debe este comportamento indigno dun político que debera defender a nosa terra, e non os intereses privados!
Grazas polas suxestións!
Publicar un comentario