Nota
aos medios
O día 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar unha concentración
diante do concello de Ribadeo para sumar a cidadanía do noso entorno
á Folga Mundial Polo clima.
Este evento está potenciado a nivel mundial de xeito colaborativo
por numerosas asociacións e movementos como FridaysForFuture ou
Extinction Rebellion, desarrollando accións durante toda esta
semana. En Ribadeo, o cartel adxunto foi realizado polo Movemento de
Defensa das Pensións, xuntándose e apoiando diversos grupos
chamando á cidadanía á participación.
A nivel estatal, o congreso xa ten aprobada a declaración de
emerxencia climática, mais a tódolos niveis estase a comprobar que
as declaracións non serven, serven as accións. A iso imos.
Hai diversos lugares onde se poden atopar as convocatorias, como
https://www.fridaysforfuture.org/events/map
ou https://act.350.org/event/globalclimatestrike_attend/24650, e onde se pode ampliar a información sobre o desastre climático
mundial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario