O primeiro é a porcentaxe de votos emitidos e abstencións. Pódese ver que a participación non está nos mellores momentos. Nas leccións pasadas a xente 'fixo un esforzo' e repuntou a participación, pero desta volta caeu claramente, por baixo dos máximos de arredor dos anos 2000. Coido que está claro o fartazgo.
Quizáis queda máis claro na seguinte, onde se ve que a abstención, en porcentaxe, foi a segunda máis ampla da historia electoral dende o 1977.
A decantación de votos a un ou outro partido complícase pola existencia de novas formacións, divisións, etc ó longo do tempo. Está claro que os partidos máis tradicionais seguen a manter máis votos nas eleccións xerais, pero é unha apreciación que hai que matizar, pois aí tremos o caso do BNG, que aínda que subiu en votos queda por baixo da nova marca de Podemos, e esta volta, tamén de Vox. cmo a cousa está liada nos últimos anos, deixo máis abaixo ampliados estes útlimos tempos.
Na ampliación, pódese ver queAsí como o que subiu Vox nas eleccións de abril parece que foi todo a costa do PP, desta volta subiron lixeiramente ambos. Polo contrari, mentres que en abril PSOE e Unidas Podemos subiran ó tempo (subida que tamén acompañou o BNG, pero en menor medida), dun xeito enganoso ó ser Unidas Podemos a nova marca de Podemos, que desapareceu nunha baixada que case compensa as subidas citadas, nesta ambos partidos (PSOE e UP) baixaron, mentre o BNG 'desacoplouse' e seguiu medrando. De calquera xeito, parece que a abstención aumentou a conta das diminucións de PSOE e UP, máis a metade da caída de C's, coa outra metade aumentando PP e Vox.
Unha referencia de fóra: os territorios menos abstencionistas foron Madrid e Cataluña, que representan os dous extremos do conflito máis mediatizado da historia de España, e, ó tempo, case corresponde cos territorios nos que máis medra por unha beira, Vox, enfrontado ó separatismo pola outra. En ambos territorios a abstención foi menor que en Ribadeo.
--Comentario doutro tipo
Sobre as eleccións de novembro de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario