20191204

Asociación social pro maiores José Mª Rodríguez. Nota de prensa

O pasado sábado 30 de novembro tivo lugar no local dos lavadoiros da rúa dos fornos un encontro entre diversas persoas interesadas en levar adiante a asociación.
Púxose en común o estado dos trámites, que se estiman concluídos e só a falta de comunicación, aínda que esa comunicación pode levar aínda un tempo. Máis adiante habería que obter o certificado dixital ou darse de alta en Facenda.
Explicáronse as continxencias previstas para a xuntanza, entre elas a vontade dos promotores de seguir apoiando a asociación pero deixando a súa dirección en mans de persoas interesadas relacionadas directamente coa residencia, o considerar a asociación según din os seus estatutos, é dicir, entendendo a súa actividade como dirixida a todas as persoas maiores no concello, etc.
Despois de falar de diversas situacións no trato ós maiores, e recoller datos para contactar ós presentes, quedouse en procurar facer a próxima xuntanza na mesma residencia unha vez recibidos os papeis de legalización, cara a finais de xaneiro, falando antes coa súa directora, un sábado a media tarde para facilitar a participación de familiares. Entremedias, realizarase un modelo para a inscrición de socios, que se fará efectiva tras a comunicación da inscrición da asociación no rexistro de asociacións.
Culminando o proceso.
 

Ningún comentario: