20080728

Estatutos de Asociación de Veciños 'O Tesón' de Ribadeo.-copia do blog de O Tesón

Atención, ver actualización.

ESTATUTOS
DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "O TESÓN" DE RIBADEO

TÍTULO I.
DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Art.lº. Constitúese no Concello de Ribadeo unha asociación que se denominará ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "O TESÓN" DE RIBADEO, que se rexerá pola vixente Lei Orgánica 1/2002 de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociación e demais lexislación existente en materia de asociacións que lLe sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

Art.2º. Son fins da Asociación:
a) Contribuir á resolución dos problemas que xurdan e mellorar a convivencia dos vecinos do Concello.
b) Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns do vecindario.
c) A asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.
c
Art.3º. O domicilio da Asociación radicará no Cantón Bar, Cantón dos Moreno n°2, 27700 Ribadeo.

Art.4º. A asociación desenvolverá as súas actividades dentro do ámbito territorial de Ribadeo. A súa duración será indefinida e disolverase, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral convocada ó efecto por calquera das causas previstas nas leis, así como por sentencia xudicial firme.

Art 5º. A Xunta Directiva, como órgano de representación da asociación, será competente para interpretar os preceptos contidos nos Estatutos, someténdose en todo momento á normativa legal vixente en materia de Asociacións.

Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante os acordes que validamente adopten a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dentro das suas respectivas competencias.

TÍTULO II.
DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN.

Art6º. A Dirección e Administración da Asociación serán exercidas polo/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Art.7º. O/A presidente/a da Asociación, que o será tamén da Xunta Directiva, asume a representación legal da mesma e executará ou delegará a execución dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra.

Art.8º. A Xunta Directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da Asociación, de acordó coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Estará formada por Presidente, Vicepresidente, Secretario, Vicesecretario, Tesoureiro/a e entre 2 e 4 vocais.

So poderán formar parte da Xunta Directiva aquetas persoas que ostenten a condición de asociados/as, que sexan maiores de idade, teñan o pleno uso dos direitos civís e non estexan incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

Art.9º. Os cargos da Xunta Directiva elixiranse pola Asemblea Xeral, entre tódalas candidaturas que se presenten, resultando elixida de entre todas ellas aquela que obteña máis votos, tras un previo proceso no que se fará a presentación de cada unha delas e do seu programa de goberno pola persoa que as encabece. En todo caso, ñas candidaturas presentadas á Xunta Directiva deberán estar perfectamente determinados e distribuidos os distintos cargos da mesma seus integrantes.
Os cargos da Xunta Directiva durarán tres anos, aínda que poderán ser obxecto de recolección na convocatoria de nova directiva á finalización de mandato.

Art.10º. Os/as membros da Xunta Directiva non percibirán retribución polo cargo desempeñado.

Art.llº. É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades sociais e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamanto anual de gastos e ingresos, así como o estado de contas do ano anterior.

Art.l2º. A Xunta Directiva celebrará as suas sesións cantas veces o determine o/a Presidente/a, a iniciativa propia ou a petición de polo menos tres dos seus componentes e cun mínimo de unha cada tres meses. Será presidida polo/a Presidente/a e, na sua ausencia, polo/a Vicepresidente/a, e a falta de ambos os dous, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade.

Para que os acordes da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados por maioria de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia polo menos da metade máis un dos seus membros, incluidos o Presidente e o Secretario ou quen estatutariamente os substitúan. Levantará acta da sesión o/a Secretario/a, ou no seu defecto, o/a Vicesecretario/a.

Art.13º. Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar das mesmas as informacións necesarias. Ademáis, formarán parte de ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Art.l4º. O/A Presidente/a da Xunta Directiva terá, ademáis das facilidades asignadas no Art.7°, as seguintes atribucións:
a) Convocar e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, e dirixir as deliberacións de unha e outra, decidindo con voto de calidade no caso de empate.
b) Propór o plano de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordenar pagamentos acordados validamente.
d) O/A Presidente/a estará asistido/a ñas suas funcións polo/a Vicepresidente/a, que ademáis o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Art.l5º. O/A Secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o Libro de Rexistro de Socios/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Auxiliarao ñas súas funcións e substituiráo ñas súas ausencias o/a Vicesecretario/a.

Art.l6º. O/A tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumplimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente. Así mesmo, formalizará o orzamento anual de ingresos e gastos, asi como o estado de contas do ano anterior, que deben ser presentadas á Xunta Directiva, para que esta, á sua vez, os someta á aprobación da Asemblea Xeral.

Art.17º. Cada un dos componentes da Xunta Directiva terá os deberes propios do seu cargo, asi como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta lles encomende. Incumbirá de maneira concreta ao/á Secretario/a, velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que cursen á Delegación Provincial da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laboráis as comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, celebración de Asembleas formalización do estado de contas e aprobación dos orzamentos anuais.

Art.l8º. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación, integrada polos asociados, que adoita os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que se reunirá sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou cando o solicite a cuarta parte dos asociados/as.

Obrigatoriamente a Asamblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria, polo menos unha vez ao ano, para aprobar o Plano Xeral de actuación da Asociación, censurar a xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os orzamentos anuais de ingresos e gastos, asi como o estado de contas correspondentes ao ano anterior e cantas outras se sometan á votación no capítulo de rogos e preguntas.

Art.l9º. A Asemblea Xeral convocarase pola Xunta Directiva, con carácter extraordinario, cando o esixan as disposicións vixentes, o acorden os membros da Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados non inferior ó 10%, e, en todo caso, para a modificación dos Estatutos, asi como para elixir os membros da Xunta Directiva, disposición ou alleamento de bens, disolución da Asociación, expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva, aprobación do regulamento de réxime interno da asociación e a solicitude da Declaración de Utilidade Pública. Tamén é da sua competencia a Constitución de Federacións, Confederacións ou Unións, ou a sua integración nelas.

Art.20º. As convocatorias das Asemblcas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, asi como a orde do dia, con unha antelación mínima de sete días. No seu caso, a segunda convocatoria realizarase media hora despois da primeira.

Igualmente incluiranse na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos por calquera asociado cun mínimo de cinco días de antelación á Asemblea.

Art.21º. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria de modificación dos estatutos da asociación estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera asociado poda dirixir ó Secretario as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

Art.22º. As Asembleas Xerais ordinarias ou Extraordinarias quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ellas a metade máis un dos asociados, e en segunda convocatoria a décima parte dos mesmos.

Art.23º. Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría sinxela dos socios presentes. Non obstante, requirirán maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos e disposición ou alleamento de bens.

Art.24º. A Xunta directiva resérvase o dereito de decisión sobre situacións non contempladas nestes estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa existentes e non estean en contradicción coa Lei vixente reguladora do dereito de asociación e demais disposicións regulamentarias que a desenvolvan.

Art.25º. Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

Art.26º. A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financieira da entidade, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun libro de Actas as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

TITULO III
DEREITOS E OBRIGAS DOS/DAS ASOCIADOS/AS,

Art.27º. Poderán ser membros da Asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas que de algunha maneira teñan interese en servir os fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorgar o nomeamento de membro honorario as persoas que estime oportuno, a título meramente honorífico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado.

As persoas físicas deberán ter a capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de 14 anos necesitarán consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.

Art.28º. Aquelas persoas que desexen pertencer á Asociación deberán solicítalo por escrito ó Presidente, o cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do asociado con recurso perante a Asemblea Xeral.

Art.29º. Os/as asociados/as poderán solicitar a sua baixa na Asociación voluntariamente, en calquera tempo, pero isto non os eximirá de satisfacer as obligas que teñan pendentes con ela.

A Xunta Directiva poderá separar ou expulsar da Asociación a aqueles asociados que cometerán actos que os fagan indignos de seguir pertencendo á mesma, asi como adoptar calquera outra medida disciplinaria contra aqueles. A separación ou expulsión, asi como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oído o interesado, o cal será informado dos feitos que deán lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. Este acordo, en todo caso, deberá ser ratificado en Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Art.30º. Os Asociados terán os seguintes dereitos:
a) Participar ñas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para todos os asociados.
b) Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
c) Asistir e exercitar o direito de voz e voto nas Asembleas Xerais. En todo caso cada asociado terá dereito a un só voto.
d) Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prevén os Estatutos.
e) Posuír exemplar destes Estatutos e e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
f) Ser informado sobre a composición da Xunta Directiva da asociación.
g) Que se lle pona de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación todos os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
h) A impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei e aos Estatutos.

Art.31º. Os asociados poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxir os presentesEstatutos, ou os acordos da Asamblea Xeral ou a própria Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus direitos durante un mes, ata a separación definitiva da Asociación, nos mesmos termos que prevé o artigo 29°.

Art.32º. Serán obrigas de tódolos asociados:
a) Compartir finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
b) Acatar os presentes estatutos e os acordes validamente adoptados pola Asemblea Xeral.
c) Aboar as cotas periódicas, derramas e outras contribucións que acorde a Asemblea Xeral.
d) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ao seu cargo.
e) Cumprir o resto de obrigas que resulten destes Estatutos.

TITULO IV
DO RÉXIME ECONÓMICO E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Art.33º. A Asociación carece de patrimonio ó constituirse, seu orzamento anual é indeterminado ou, no seu caso, será o que se determine a principios de cada ano pola Asemblea Xeral.

Art.34º. A data de peche do exercício económico da asociación sera a de 31 de Decembro de cada ano, e as contas da asociación serán aprobadas anualmente pola Asemblea Xeral polo que deberán ser postas de xeito previo a disposición dos asociados durante un prazo non inferior ó da convocatoria da celebración da referida Asemblea Xeral.

Art.35º. Os recursos económicos previstos para o desenvolvimento das actividades sociais serán os seguintes:
a) As cotas periódicas que acorde a Asemblea Xeral.
b) As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
c) Os produtos dos bens e direitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poida recibir en forma legal.
d) Os ingresos que obteña a Asociación mediante o exercicio de actividades económicas lícitas que acorde realizar a Xunta Directiva, incluidas as prestacións de servizos, deberán destinarse exclusivamente ao cumprimento dos seus fins estatutarios.

Art.36º. A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo sometida á correspondente información e coa publicidade suficiente, a fin de que todos os asociados poidan ter coñecemento periódicamente do destino dos mesmos, sen prexuízo do dereito consignado a este respeito no apartado g) do art. 30° destes Estatutos.

Art.37º. No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora, composta por cinco membros, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calquera entidade legalmente constituída con domicilio en Ribadeo que se dedique a iguais ou análogos fins que esta asociación, ou a unha entidade benéfica.

Así mesmo, no caso de insolvencia da asociación, a Xunta Directiva, ou, se é o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedimento perante o xuíz competente.

Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado. As ligazóns van ós enderezos antigos; para axustar os novos enderezos, procurar polo título neste blog.

Ningún comentario: