Foron convocados en Lugo a esta reunión, como representación da Mariña:
Manuel Maseda da AA.VV. barrio de Forxán de Foz
Carlos Saa de Burela
Pancho Campos por “O Tesón” de Ribadeo
Foron
recibidos na Federación de AA.VV. Lugo c/ Luis Ameijide, 10 Entr.
(Lugo) por Jesús Vazquez Varela Presidente da Asoc.Ve.Comer. da
Milagrosa e por José Manuel Carballo da AA.VV. Porta de Lugo. Sagrado
Corazón
Había outros representantes de AA. VV. diversas no acto de
presentación informal solo para toma de contacto entre nos, para
coñecernos e poñer sobre da mesa, as primeiras directrices para empezar a
navegar xuntos en temas do SERGAS que nos competen en común. Falouse
de:
1) Tratar de unificar criterios nos temas sanitarios.
2)
Crear un punto de encontro (teléfono de aviso, web, outros) Sobre deste
punto non se quedou en nada en concreto. Houbo intercambio de correos
electrónicos e difundiuse o enderezo http://ciudadanodelugo.blogspot.com
(onde se pode ver xa acta da xuntanza e comparar co que aquí se pon), así como o correo de ciudadanodelugo.
3)
Propoñer de que antes de que o SERGAS faga unha convocatoria, ter algún
coñecemento previo dos temas que se van a tratar para telos preparados
de antemán nas asociacións, e non chegar as charlas sen saber que dicir.
Intentar que as propostas das AA.VV. que se leven por escrito a estas
reunións, se axunten a Acta da Reunión, para que así poida constar o
proposto meses mais tarde, e poder esixir a execución de algún
incumprimento. Así, ademais de constatar de que a activa Participación
Cidadán se fai realmente, tamén é con obxecto de recordar cada volta que
o movemento veciñal está aí sempre, e que a representación dos axentes
do SERGAS cambia cada catro anos. Cousa que non debe de esquecerselles.
4)
José Manuel Carballo falou da necesidade de paralizar a iniciativa da
Xunta sobre da Empresa de Xestión GALARIA que se vai a dedicar a
“explotación” dos centros sanitarios. Esta empresa si non se pon
remedio, vai xestionar nada menos que 1.316 millóns de €. Esta Empresa
tamén é a que xestiona o do número 902 (ver explicacións en
http://ciudadanodelugo.blogspot.com e no artigo publicado El Pais)
Faláronse outros temas máis polo xeral, como:
a) as listas de espera nas diferentes especialidades.
b)
¿Qué criterios se seguen para asignar o número de camas que lle
corresponde a cada Hospital de Galicia, posto que se ven grandes
diferenzas, por exemplo: entre o Hospital de Ferrol 3,4 camas por cada
mil habitantes mentres que no Hospital da Costa está en 1,8 camas por
cada mil habitantes ¿por qué?
c) Ausentismo nos postos de
traballo. Parece ser que o ano pasado faltaron 16 enfermeiros diarios
durante todo o ano por ¿baixa médica? naide sabe exactamente porqué.
De
cara a próximas xuntanzas, queda indagar que deficiencias temos en
Ribadeo, estrutura e servizos do Sergas, estando ó tanto de
particularidades como poden ser as probas citolóxicas para a vacina das
nenas (pois parece haber chanchullo nalgúns lugares co prezo (2,9€)
Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario