20200324

As Catedrais, portas do misterio

Aló polo 2016 o concello de Ribadeo publicou a obra 'As Catedrais, portas do misterio', poesías de Xosé Otero Canto. Arrumbado e perdido pola biblioteca, estes días chegou de novo ás miñas mans e por vez primeira o seu interior ó meu ollar, e valoreino como non o valorara cando o recibín. Sen querer cortar o descubrimento a quen se queira adentrar nel,  vaia como descrición moi persoal os subtítulos que puxen a cada un dos poemas que contén:
Este azul poemario.- Posta en escea
Na noite.- Sentido no baleiro da lembranza...
Noite atarefada.- Pensando no traballo do mar dende o repouso da terra
Soidade.- Ser pequeno polo mar abraiado
As ondas.- Acougo e desacougo
No mar das catedrais.- Clasificación de sentementos e cousas
As sereas.- Imaxinación sensual suave mariña
A fervenza de Augas Santas.- Canción
Catedrais.- Un feito e unha poesía
A Malata.- Tentando conectar coas orixes léxicas
Ollo de Xangalo.- Tentando reconducir un caos de sentir
Mans elásticas.- Mans que se fan e desafan e evocan as que se van
Illa de Xangalo.- Illa, illada, de virtude forzada
Ollo de Chinelo.- Do desagrado a virtude
Conxuros do mar.- A costa garda os seus misterios na súa orixe
O mar creador.- (A costa garda os seus misterios na súa orixe)... e consume o traballo ocultando o mar
Arcos.- Antropomorfismo, comportamento sentido na pel costeira
Templo.- O espazo é máis que o que contén
Espiritualidade.- A relixión non chega sen a milagre
O arco de Xangalo.- A imaxinación, da realidade ó mito
A illa dos corvos.- Os peteiros dos corvos, como augas do mar petndo na rocha
O ollo de Calabazote.- Mirar non é función deste ollo
Aos gaiteiros das Catedrais.- Elemento estrano, o son fai noso o lugar
Chámannos as ondas.- Máis aló non podo ir / aínda que me chame o amor

Ningún comentario: