20200309

Seccións censais e distribución da renda en Ribadeo

Unha curiosidade: se se miran os datos de renda per cápita dun xeito fino a traverso do territorio, como se pode facer aquí, atópase que en xeral as zonas máis céntricas nas cidades tenden a ter mior renda, e nas zonas rurais, a vila principal do concello. en Ribadeo pasa o mesmo. Se se collen as 'sección censais', é dicir, os agrupamentos que se fan para as mesas electorais, atopamos o seguinte para o Ribadeo de 2016, o ano máis próximo para o que atopei datos:
As seccións censais 1, 2 e 3 corresponden de xeito aproximado ó pobo, (as seccións non coinciden exactamente coa delimitación parroquial) sendo a sección 1 a que normalmente vota en turismo e a 2 a que vota no cine teatro. As outras seccións serían as zonas rurais, correspondendo a sección a 4 Vilaselán, Piñeira e Ove, a 5 a Vilaframil, Rinlo e A Devesa, e a 6, Covelas, Arante, Cedofeita, Santalla e Couxela. No mapa obsérvase por cores, correspondendo o verde a 11000 / 12000 €, o amarelo a 10000 / 11000 € e o laranxa a 9000 / 10000 €.
Resulta curioso que a orde das seccións censais coincida coa orde de renda per cápita.
E tamén pode ser de interese a comparación da táboa de renda coa táboa das porcentaxes de votos ós partidos por sección censal, correspondentes ás eleccións de novembro de 2019 ó Congreso:





Ningún comentario: