Xogos de pícaros no parque de San Francisco en Ribadeo |
Chove en Ribadeo. Podemos falar do tempo. Ou, aproveitando unha saída de aprovisionamento, contemplar os parques baleiros de pícaros. Si, aínda hoxe. Chove, non lembras? Mirar a cinta da Policía Local para acordoar os aparellos de xogos e pensar, pobres pícaros...
Ou navegar por internet e chegar a aquela pintada de 'estás precios cando loitas polos teus dereitos', en clave feminista. Mellor, en clave humanista, de todos.
Ou, de xeito quizáis máis librepensante, 'a liberdade nunca será dada polo opresor, senón que debe ser tomada polos oprimidos'.
Ou voltar á idea de que o mundo é de todos. Un mundo que está en perigo e que non sabemos se nos recoñeceremos ben nel cando o encerro remate, ou non.
Ou sexa, con ou sen pandemia, a vida segue, aínda que teñamos a idea de que segue de xeito diferente. E mentras, teremos necesidades, seguiremos a telas, e tentaremos satisfacelas. Unha delas, o falar, o relacionarnos. E mellor, deixando á parte a situación, para elevármonos sobre ela e ter conciencia da normalidade da existencia aínda en situacións que cualificamos como anormais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario