biblioteca de Merced, CA, EEUU |
Nunha biblioteca
Érase unha vez unha biblioteca pública. Primeiro, nos EEUU. Varios sen teito vense abocados a gorecerse da calor no seu interior. Mesmo a botar unha sesta. Ou a manter un pouco de hixiene. a falta de servizos sociais, a cultura ofrece os seu manto recortado de axudas.
Varios anos despois, na península. Unha bandeira bicor ondea fóra dun centro cultural. O que hai aberto, a biblioteca, está ateigada de xente. A maioría, estudantes, pero tamén xente de diversa etiquetaxe, de 'persoa maior' a 'ocioso', entre outras categorías nas que se pode aplicar 'lector'. Vou ó baño. Un sen teito afeitándose déixame sitio para usar o lavabo. E lembro a bilbioteca nos EEUU, un magnífico edificio case baleiro de xente, pero con máis sen teito e máis desesperados: este estaba a coidarse aparentemente de xeito concienzudo, as posibilidades dunha institución pública pensada para outros menesteres.
A cultura da acubillo non só ó esprito.
--
Serie 'O día do libro':
1. Dous días, e libros
2. Viaxe sensible
3. Nunha biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario