20200708

A MORENA DE VILAPENA. TRABADA (Lugo). por EMILIO PIÑEIROA LOZANO

A MORRENA DE VILAPENA. TRABADA (Lugo)
SITUACIÓN:
Parroquia de Vilapena, Concello de Trabada. Lugo.
Latitude: 43º 24 ́ 55,95 ́ ́ N
Lonxitude: 7º 13 ́ 14,81 ́ ́ W
Fuso UTM: 29
Coord. X : 644 041,60
Coord. Y : 4 808 497,30
É unha morena glacial (manto de material glacial).

O Plistoceno é unha división de escala temporal xeolóxica que pertence ao periodo Cuaternario. Comeza fai 2 millóns de anos e remata aprox. 10 000 anos a.C. O Plistoceno abarca as últimas glaciacións, corresponde co Paleolítico arqueolóxico.
Durante o Plistoceno recente, 50 000 anos ata fai uns 11 000, reinaban condicións morfoxenéticas frías, máis ou menos húmidas, que proporcionaron a xéneses de glaciares en toda Galicia, e a forte inestabilidade das ladeiras, tanto na costa como no interior.
Nun ambiente frío a fracturación da rocha na parte superior dun promontorio rochoso vai favorecer a caída de derrumbos por gravedade.
Formas erosivas xeradas pola acumulación de sedimentos, son coñecidas como morenas. A súa presenza ven a ratificar a existencia da importancia das línguas de xeo.
A morena de Vilapena, segundo a forma e aos depósitos periglaciares, pertence ao grupo Campo de bloques: predominan os fragmentos de tamaño grande.

Aparecen en Galicia dende o nivel do mar ata as serras orientais que alcanzan os 2000 m. de altitude.
Trátase de formas que a nivel de afloramiento presentan unha estrutura sen matriz, formanse por simple gravidade, xeralmente intertratifícanse ou recubren outros depósitos.
Son moi frecuentes no alto val do Eo, Serra de Meira (Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño)...

Ningún comentario: