20200702

Doa sangre en Ribadeo no postcoronavirus


PRECISAMOS A VOSA COLABORACIÓN
Solicitamos a súa colaboración para a difusión desta campaña solidaria.
Xuntamos material informativo e rogamos a súa distribución na web e redes sociais da súa entidade.
Para garantir a seguridade das persoas que acuden a doar sangue, ADOS impulsa en Galicia a cita previa para doar sangue.
Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 e serán citadas a un lugar concreto (unidade móbil ou local de doazón) e nunha franxa horaria determinada.
A confirmación da cita para doar sangue chegará mediante mensaxe (SMS) ao seu teléfono.
Este sistema reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada de doantes para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
Pregamos a todos os cidadáns e, especialmente, ás persoas que son doadores e doadoras de sangue, á máxima colaboración re responsabilidade e que respecten todas as recomendacíóns das autoridades sanitarias, evitando desprazamentos innecesarios ou non permitidos.
Para solventar calquera dúbida, pode contactar co 900 100 828, a web ados.sergas.gal e as redes sociais de ADOS (faceboook, instragram e Twitter).
Grazas pola vosa colaboración,
UF Promoción Doazón de Sangue
Teléfono 881546900 
15706 Santiago de Compostela
cid:170d47976ff4cff311
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias.
Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos...
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruista, anónimo, universal e gratuito.
Cada día, os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos.

Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar

Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida
Amosamos historias de persoas que doan sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade doutros

Vídeo sobre o proceso da doazón de sangue

Máis información
Teléfono: 900 100 828 e 881546900
Twitter: @doadoressangue

Ningún comentario: