Zona de illa Pancha. En fondo verdoso, o que abrangue a Rede Natura 2000. Imaxe Sigpac. |
RECURSO DE REPOSICION
A pasada semana o colectivo “POR NUESTRO FARO” presentou un recurso de reposición no rexistro do concello de Ribadeo contra o acordo da Xunta de Goberno do día 19 de Maio no que se concede licenza de obras á empresa adxudicataria para construir unha cafetería nos antigos garaxes do faro.
Como saben os lectores, o expediente para este proxecto comezou a tramitarse en maio de 2019 sen que o concello dese nengún tipo de información, cuxa primeira noticia soupose pola prensa a mediados de xaneiro de 2020. Deseguido o noso colectivo solicitou consultar a documentación pero non puido acceder a ela ata o 22 de Xuño, ou sexa máis de un mes despois de que estivese aprobada. Un exemplo de transparencia ó que xa estamos afeitos.
O principal motivo do recurso é a falla de Estudo de Impacto Ambiental Simplificado. Como tamén temos informado repetidamente, este estudo de impacto foi esixido polo primeiro informe do Defensor del Pueblo de 17 de Febreiro de 2017 e reiterado pola mesma institución en outros cinco informes ata o 9 de Outubro de 2018. De todos estes informes o concello de Ribado non se deu por enterado agás unha consulta realizada á Autoridade Portuaria, que esta respostou sen dar unha argumentación xurídica sólida e mantendo o mantra inicial de que eran unas pequeñas obras de reforma do antigo edificio do faro e que non podían ter impacto nengún no medio ambiente. Sin embargo, a Autoridade Portuaria, ante a insistencia e a argumentación xurídica do Defensor acabou recoñecendo que o o Estudo de Impacto Simplificado era preceptivo e comprometeuse a realizado. Pero ese compromiso nunca se cumpriu. Todo esto sábeo perfectamente o Sr. Alcalde de Ribadeo, porque ademáis de comunicarllo o Defensor, o noso grupo encargouse de remitir todos os informes según ían chegando.
Dende o noso punto de vista e o dos nosos asesores, o cumplimento desa prescripción legal segue estando vixente e máxime cando se pretenden realizar novas obras e proxectos na Illa Pancha. Cáese do seu peso que se non se cumpriu antes a normativa vixente, con mais motivo debe cumprirse con ocasión de unha nova obra que engade novos riscos de impacto por xenerar novas actividades que non foron avaliadas anteriormente.
Pola outra banda o noso colectivo incorpora ao recurso outros dous puntos, a saber:
1) A licenza de actividade para os apartamentos, que ten data de 1 de decembro de 2017, esixe o acceso libre dos veciños e visitantes á Illa pancha sen que esta condición se teña cumprido a día de hoxe.
2) O día 23 de Agosto de 2018 publicábase no BOP de Lugo o “PROYECTO DE LEGALIZACION DE INSTALACION DE TRATAMIENTO Y EVACUACION DE AGUAS RESIDUALES, EN ILLA PANCHA” . Ao devandito proxecto o colectivo POR NUESTRO FARO presentou unha alegación e fixo o seguimento correspondente e con data de sinatura de 20/6/2020 recibimos unha notificación da Xefa da Area de Vertidos de Augas de Galicia que di: “(...) compre informarlle que o expediente de referencia atópase actualmente en trámite, polo que ainda non foi ditada a correspondente resolución (…)”. En resume, ese proxecto, pesie a que a obra foi realizada en Maio de 2017, segue sen contar ca aprobación definitiva.
En conclusión: o noso colectivo solicita a suspensión do proxecto de obras de cafetería mentres non se realice o Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, se faga efectivo o acceso libre e se aprobe o proxecto de fosa séptica pola autoridade competente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario