O abominable Tribunal de Orde Pública estreouse en 1963 condenando a 10 anos de cárcere a Timoteo Buendía. O seu crime, como o de media España, foi beber un pouco máis de viño na barra dun bar e gritar ao televisor "Me cago en Franco!". O xuíz aplicoulle a pena por inxurias ao Xefe do Estado. A partir de aí foron aplicadas 3797 sentenzas, algunhas a pena de morte, até a súa disolución en 1977. Os DEZASEIS xuíces que tiveron praza neste ilexítimo tribunal, abxuraron do seu xuramento aos principios fundamentais do movemento? A resposta é NON. Foron apartados da carreira xudicial por aplicar as normas franquistas? Quia! DEZ deles pasaron directamente á Audiencia Nacional e SEIS ao Tribunal Supremo, pero iso si, hai que recoñecerlles que foron ao seu novo destino sen cambiar de ideoloxía. Hoxe ditan sentenzas os seus fillos e netos. Hai máis endogamia na Xustiza Española que na Monarquía Borbónica.
Este martes, o xuíz do Xulgado número 42 de Madrid, Juan José Escalonilla, imputou a Podemos como persoa xurídica na causa que investiga o financiamento do partido tras a denuncia presentada polo avogado despedido, por acoso sexual a unha compañeira, José Manuel Calvente. Non debería de estrañarnos esta iniciativa que toma o Xuíz senón fóra porque este mesmo señor arquivou un caso aberto por comentarios incitadores ao odio e ameazas de morte contra Manuela Carmena nun chat da Policía Municipal. No chat dicíanse cousas como que "Adolf Hitler facía as cousas ben", que a exalcaldesa era unha "filla da gran puta vermella de merda e mal parida" ou que "o que é terrible é que ela non estivese no despacho de Atocha o día que mataron os seus compañeiros". CCOO asegurou que o arquivo deste caso obedecía a unha ideoloxía política.
É o mesmo xuíz que admitiu a VOX como acusación popular na causa montada contra Podemos, sen esixir ao partido de Abascal a fianza habitual que se fai para limitar o número de membros da acusación. Pero non acaba aquí a cousa, en lugar de deixar a investigación das presuntas irregularidades cometidas por Podemos en mans da UDEF ou doutra unidade similar -o habitual nestes casos-, recorre á Policía adscrita aos xulgados de instrución de Praza de Castela onde, que casualidade, está en calidade de inspector xefe Pedro Agudo, íntimo amigo de Ignacio Cosidó, director xeneral da policía entre os anos 2012 e 2016 durante os cales, está acreditado, Cosidó deu instrucións para crear unha estrutura policial con dúas funcións moi claras: obstaculizar a investigación dos escándalos de corrupción que afectaban o Partido Popular, e perseguir aos adversarios políticos, especialmente a Podemos, con falsos documentos policiais como o informe PISA
A xustiza arquivou xa 14 (CATORCE) querellas contra Podemos e os seus dirixentes en só seis anos (esta será a 15). Ningún partido do arco parlamentario sufriu un acoso nin medianamente parecido. A dereita franquista e a prensa adscrita ao réxime queren por todos os medios que se comporten como os demais, pero... que se lle vai a facer, ao final, estes vermellos de merda separatistas e bolivarianos, vai resultar que son honrados. Que putada.
Fdo.: Jorge Sampedro Reimúndez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario