Hoxe, sábado, primeiro de mes, retomouse a concentración en defensa das pensións en Ribadeo.
Foi no Cantón, e o primeiro que se dixo foi que se gardaran as distancias... Cousas dos novos tempos pandémicos. Logo leuse e comentouse un escrito, que deixo embaixo. E lembrouse que o próximo primeiro sábado de mes seguirá habendo concentracións, porque as pensións deféndense por este movemento non partidista, senón pensionista.
Ó final, unha foto de antes de comezar o acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario